Qué animaliño é? na Biblioteca Municipal de Fene
Hoxe día 14 de outubro, continuando co Ciclo Ler Conta Moito, pasou pola “Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene” o grupo Trémola Teatro, co seu espectáculo “Qué animaliño é?”. Os máis pequenos non perderon detalle dos diferentes animais que ían aparecendo na súa narración, nin dos segredos que éstes contaban. Unha actuación chea de cor, alegría e música que non pasou desapercibida nin a pequenos nin a maiores.