Contos da Lúa na Biblioteca de Riotorto
Trécola Producións acompañounos o mércores 6 de outubro na Biblioteca de Riotorto, co seu espectáculo Contos da Lúa.

Trécola Producións acompañounos o mércores 6 de outubro na Biblioteca de Riotorto, co seu espectáculo Contos da Lúa.

O sábado día 9 na BPM de Oroso grazas a Rigoletto teatro disfrutamos da visita da fada de cabelos turquesa que nos cantou a fermosa historia de Pinocho.

Os asistentes puideron facer maxia eles mesmos; os xogos foron sinxelos de realizar pero abraiantes para os ollos inexpertos; realizaronse con obxetos cotiás e sinxelos de atopar (móbiles, libros, gomas elásticas, monedas, cartas, rotuladores, mondadentes…).
Carmen Domech visitou a BPM de Tui co seu contaconto de libros contentos onde compartiu con nos a súa paixón lendo e contando libros contentos de estar co público de novo.


O sábado 9 de novembro a compañía Trécola producións ofreceu ás familias de Narón con bebés entre 0 e 36 meses un obradoiro colaborativo co que coñecemos diferentes actividades de inspiricación Montessori, Waldorf, Pickler ou Reggio Emilia. Aprendemos sobre os distintos intereses e necesidades das crianzas, compartimos receitas de diversión, e fabricamos un xoguete para a nosa crianza.

O mércores 6 de outubro os nenos e nenas de Narón participaron nun obradoiro no que elevaron a súa inventiva e imaxinación. Ciencia e maña combináronse para conseguir abrir o cofre do tesouro.
Esta actividade foi desenvolvida por Ciencia en movemento dentro do programa Ler conta moito.

O sábado 2 de outubro a BPM de Narón recibui a Maio creacións co seu espectáculo “A viaxe de Mina”. Perdemos a conta das risas, palmadas, historias e cancións coas que retomamos as actividades infantís dentro do programa Ler Conta Moito.

Tarde de contos e cantos na biblioteca da man de Tareixa e Xacobe de Pavís Pavós! Coma sempre… Un gusto!

Maxia diferente e reivindicativa en Meaño co Mago Paco. Unha tarde de contos, xogos de maxia co punto educativo da igualdade e ser diferentes é o máis divertido que temos cada un de nós

a Biblioteca Viaxeira, patrocinado polo programa de Leer Conta Moito e o Concello de Salvatierra de Miño. Ca actividade de desenvolvemento da creatividade a traves do debuxo impartido por Yago Garcia, na Casa de Cultural de Leirado . Foi unha tarde onde on rapac@s debuxaron a partir de distintas motivacions que lle ofrecía o animador.

Séguenos