Libros e ioga no C.C. Xaime Illa de Raxó
O venres 29 de abril tivemos unha sesión de contacontos moi especial a cargo de Raquel Senra.Unha actividade para a infancia na que practicaron posturas de ioga.
O venres 29 de abril tivemos unha sesión de contacontos moi especial a cargo de Raquel Senra.Unha actividade para a infancia na que practicaron posturas de ioga.
O 7 de Abril, contamos na Biblioteca de Riotorto coa actuación de Caxoto co seu espectáculo de contacontos: “Miña casa, meu lar” (contos ambientais).
A historia é a de un barrendeiro que pasa polo escenario aproveitando que o espectáculo aínda non comezou para esixir de forma un pouco esperpéntica que se deixe de tirar cousas ao chan. A partir deste momento empeza contando contos, xogos e cantigas de carácter ambiental. Entre outros contidos tocando aspectos como a pegada ecolóxica, a reciclaxe, a auga como fonte de vida… Todo salpementado con datos, curiosidades e anécdotas que permiten sensibilizar na necesidade de coidar o noso entorno para que el nos coide a nós.
Unha actividade moi elaborada, e o artista con moito dominio e técnica para manter a atención durante todo o relato.
O sábado día 30 realizouse na Biblioteca da Senra o obradoiro de robótica, onde os participantes ademais de recibir unhas nocións básicas sobre a robótica, elaboraron e levaron para a casa o seu propio robot.
Séguenos