As “MALETAS VIAXEIRAS” de Sabela Gago chegaron a BiblioPazos-Pazos de Borbén
En BIBLIOPAZOS continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura e para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que se celebrou o día 17 de Maio, tivemos con nós á actriz e contadora SABELA GAGO quen nos trouxo o seu espectáculo de contacontos “MALETAS VIAXEIRAS”.
A actividade tivo lugar o VENRES DÍA 3 DE XUÑO ás 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e estivo convidado para asistir ao mesmo o alumnado de Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI.
Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullarémonos no mar e pasearemos por París ata chegar á muralla chinesa. Fomentaremos a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas, e acompañaremos á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo.
Unha estupenda actividade na que Sabela Gago soubo ter entretidos e atentos aos participantes en todo momento e que estos participaran moi activamente do espectáculo.