Concerto infantil con Paco Nogueiras na PLIC!
Nesta edición da Praza dos Libros Tivemos o pracer de contar con Paco Nogueiras presentando o seu último libro-disco en concerto para todos os asistentes ás feira.
Con “Extra!” puidemos bailar, cantar e, en definitiva, pasar unha mañá de sábado ben divertida.
Ao rematar o concerto, Paco tivo o detalle de asinar copias do seu libro para os asistentes que llo pediran. Foi unha marabilla!