A Festa dos Monicreques: os monicreques na memoria de Moeche
O espectáculo “A Festa dos Monicreques” fixo as delicias dos compoñentes do obradoiro de memoria da Biblioteca Pública de Moeche. Moitas risas ao fío das peripecias de Barriga Verde e demais personaxes, e moitas lembranzas da infancia, cando ela viña xa a Moeche “nas timbecadas” de feiras e festas, que remataban así: “Morreu o demo, acabouse a peseta”.
Larraitz Urruzola, a artista, na súa liña da calidade de sempre.