“O censor de monstros” pasa por Sarria
O venres 16 de setembro celebrouse o primeiro contacontos de Ler conta moito deste ano, e foi un comezo con moito “conto”.
Os nenos percorreron Galicia “conducindo” desde o seu asento, e descubrindo os monstros e seres fantásticos que aínda habitan na nosa terra.
A mitolóxica Coca de Redondela, a fermosa serea de San Cibrao, o carballo de San Fins,…foron algunhas das aventuras que viviron con moita entrega e entusiasmo os que acudiron esta tarde. Todos quedaron moi agradecidos á Compañía Barafunda pola súa fantástica representación, desexando volver a emprender una nova viaxe da súa man.