Fantiropina con mulleres pintoras
Actividade moi participativa e que axuda a visibilizar a obra de diferentes pintoras.
Fixeron murais cooperativos e observaron diferentes estilos.


Actividade moi participativa e que axuda a visibilizar a obra de diferentes pintoras.
Fixeron murais cooperativos e observaron diferentes estilos.


Seguimos coa programación de Ler conta moito 2022, nesta ocasión coa visita da Orquestra de camarote, un espectáculo de narración oral con musica en directo que nos fixo gozar a todos e todas. Dous profesionais que nos fixeron pasar un rato divertidísimo, con un narrador que te abraiaba dende o primeiro momento e un gran músico ao seu carón.
Moitas grazas pola vosa visita!



Esta tarde as 19:00h da tarde tivo lugar na biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas a través do ciclo Ler conta Moito a actuación “Conto-concerto para montar a túa Banda de Verán de Xoán Curiel. Quedamos encantados todos os alí presentes da maneira tan divertida que tivo Xoán de darnos a coñecer a historia de como empezara a gustarlle a música e como formou a súa primeira banda, incluso fixo que nenas e nenos se sentiran partícipes dela ao facerlle coros e o acompañamento de percusión. O pasamos en grande coa música e cancións de Xoán, e puidemos bailar aínda que sen movernos do noso sitio. Foi unha tarde moi musical e divertida!

Onte a tarde as 19:00h da tarde tivo lugar na biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas a través do ciclo Ler conta Moito a actuación “Brincadeiras da lingua” de Migallas Teatro. Quedamos encantados todos os alí presentes da maneira tan divertida que tiveron os seus representantes de darnos a coñecer a enorme variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia. Foi un espectáculo moi participativo que contou con xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos. Unha tarde na que uns recordamos e outros adquiriron coñecementos moi importantes da nosa lingua. Actividade entretida, instructiva e moi participativa, chea de risas e anécdotas.

O pasado 1 de Setembro disfrutamos dunha tarde de contos na Biblioteca de Val do Dubra con “cambi@ contos: Filipa cos contos”, cambiamos as personaxes dalgunhas historias ben coñecidas e démoslle un pequeno xiro de guión a outras.
A rapazada participou moito na actuación, e gustarónlle moito os contos de Filipa.
O pasado día 31 de agosto o Concello de Paderne organizou unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de entre tres e sete anos, no entorno da biblioteca. A partir das once e media da mañá os mais pequenos foron partícipes de historias máxicas doutro mundo e doutro tempo que foron atrapadas pola máquina atrapa-contos, que os transforma facendo as delicias dos alí presentes. Unha animada xornada que rematou ca visita as instalacións da biblioteca.


Espectáculo de maxia e sombras chinescas dinámico,educativo e participativo.Lémbralle
ao público infantil e adulto a necesidade de seguir loitando pola igualdade e contra a violencia de xénero.
Mércores 31 de agosto tivemos a derradeira actuación do programa LER CONTA MOITO.
Contos Animados é un espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques e participación do público.


O mércores 24 de agosto Sabela convidounos a viaxar coa imaxinación.
Que levarías na maleta para visitar países reais ou fantásticos?




Séguenos