Na B.P.M. de Fene Xosemaría Pérez Parallé estivo Marta Ortiz co seu espectáculo “Coser e contar”
Moitas grazas pola vosa asistencia!
Onte, día 29 de setembro na B.P.M. Xosemaría Pérez Parallé comezou o Programa Ler Conta Moito. O primeiro contacontos foi “Coser e contar”, no que Marta Ortiz coa axuda dos obxectos empregados no oficio de coser foi enlanzando unha historia con outra. Foi un espectáculo de música e narrativa no que tamén recibimos pequenas nocións da linguaxe de signos. Pasamos unha tarde divertida na compaña de Marta Ortiz e a súa caixa de costura da que non deixaban de saír historias curiosas.
Moitas grazas pola vosa asistencia!
O venres 30 de setembro tivemos a sorte de que viñeran a nosa biblioteca Damián e Moisés, compoñentes de Solovoz, que nos contaron a historia de como o Príncipe Lourenzo aprendeu a tocar diferentes instrumentes percorrendo todo o mundo.
Foi un espectáculo que combinou ás mil marabillas a narración oral e a música , e que fixo as delicias de pequenos e maiores, que bailamos, cantamos e sobre todo nos divertimos.
Hoxe, na Biblioteca de Pontecesures, Solovoz deleitounos ós alumnos e alumnas de 1º e 2º de E. Primaria do CPI, con narración oral acompañada de música de acordeón, trompeta, cunchas, pandeireta… Viaxe por todo o mundo e música de cada un dos paises que visitamos.
O mércores 28 a rapazada pasouno de marabilla coa actividade Habelas hainas. Tendo como telón de fondo as tradicións galegas, a verdadeira protagonista foi a maxia que axudada pola música e uns efectos especias magníficos creou o ambiente ideal para que o público asistente vivise unha tarde chea de emocións e diversión.
Onte tivemos a visita do Mago Pedro Bugarín na Biblioteca P. M. Xograr Mendiño de Lorbé, coa sesión titulada 1º Galicia ilusiona coa maxia.
Foi unha tarde chea de maxia e risas, onde participaron pequenos e maiores. Un espectáculo magnífico para toda a familia!
Este xoves día 29, estivo na nosa Biblioteca o Mago Teto co seu espectáculo “A maxia dos contos”. Neste espectáculo mistúrase a narrativa de contos e xogos de maxia. A actividade consta dunha antoloxía de 7 contos que abordan de maneira central a figura do ilusionista, cos seus coellos, cartas e variñas. E por arte de maxia cada conto, vai acompañado dun xogo relacionado coa historia. Porque hai moita maxia na literatura e moita literatura na maxia.
Houbo unha gran afluencia de rapazada que gozou dunha tarde chea de maxia e contos.
Este xoves, 29 de setembro, a Biblioteca Municipal Os templarios de Cambre acolleu ‘Que animaliño é?’, un divertido espectáculo de Trémola Teatro. Os bebés e as súas familias puideron gozar dunha sesión que mesturou teatro, música, danza e mesmo burbullas, creando un fermoso espectáculo sensorial que estimulou os sentidos de todas as persoas participantes.
Onte visitáronnos Elisa e Ian cunha actuación que une maxia e sombras chinesas, usando contos e fábulas como fío condutor e facendo que nenos e nenas gocen dun fermoso e entretido espectáculo, onde se fomenta o hábito de lectura a vez que se deixa voar a imaxinación.
Séguenos