Da árbore ó libro
Andrea Jamardo Seijo, de Cuarto de inverno, trouxonos hoxe unha actividade de animación á lectura: Da árbore ó libro, contando e axudada de proxeccións como se fai un libro dende a árbore ata que está nas nosas mans. Ós alumnos e alumnas de terceiro de educación primaria do CPI de Pontecesures tamén lles quedou moi clariño como se chaman as partes dun libro, o traballo dos e das autores/as, as correccións, as ilustracións, o deseño gráfico e todo o traballo que ten o libro antes de chegar á imprenta. Logo o traballo continúa coa distribución e venta.
E despois de todo esto houbo un obradoiro donde todos e todas fixemos o noso propio libro.