Aprende a facer un podcast! Escribe, grava e edita
Para celebrar o Día da Biblioteca, onte viñeron os alumnos e alumnas de 6º de E. Primaria. Tiñamos unha actividade de Solovoz, que levou a cabo Damián Alonso. Aprendemos a crear un podcast: a redactar, gravar e editar. Con técnicas de locución, teatro e dobraxe. Lectura interpretativa, modulación da voz, vocalización e locución. Actividade dinámica e sobre todo moi participativa.