Robótica na biblioteca do Ézaro (Dumbría)
Esta pasada semana a nosa biblio converteuse en todo un laboratorio de robótica.
Cos monitores de Átomos aprendemos de mecanismos, de enerxía, de movemento,…
Ata descubrimos unha nova utilidade para os cepillos de dentes 😉
Os nenos e nenas asistentes elaboraron o seu propio robot e levárono para a casa.
Recomendadísimo!