“Unha nova galaxia” con Trémola Teatro en Chantada
Esta tarde recibimos a visita de Trémola Teatro que nos trouxeron o espectáculo “Unha nova galaxia”, que consistiu nunha aproximación á vida de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Os asistentes a través do xogo, os contos e as imaxes tiveron a oportunidade de coñecer algúns aspectos da vida deste autor que tanto fixo polas nosas letras e a nosa lingua.






