A gran aventura dos animais na Biblioteca Pública de Caldas de Reis
O pasado venres 19 de maio visitou a biblioteca municipal a compañía Trémola Teatro. Un grupo de nenos e nenas acompañados dos seus pais gozaron coa actividade de contacontos “A gran aventura dos animais”. Acompañamos a Emilia nunha viaxe diferente e divertida con música e baile. Unha tarde movida na biblioteca!





