Investigamos “Onde está Amelia Earhart” na B.P.M. de Betanzos
Na tardiña do sábado 16 investigamos da man de Andrea que foi da aviadora Amelia Earhart, unha das mulleres pioneiras nesta disciplina.
Nunha actividade moi divertida, as crianzas betanceiras divagaron sobre o seu paradeiro, construiron avións para emular as súas fazañas e recrearon finais alternativos á biografía dunha das mulleres máis valerosas da historia.