Terroríficas, historias de terror…na BPM do Saviñao
Día 22 de outubro de 2021 ás 18:00, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Terroríficas, historias de terror
da man de Andrea Barreira Freije
o 22 de outubro, ás 18:00 na biblioteca
Achegámonos á técnica da narración escrita, concretamente no xénero de terror.
Con Andrea lemos algúns fragmentos de novelas ou coñecidos relatos de terror escritos por mulleres e identificamos espazos, situacións, persoas e tempos nos que as persoas adoitamos sentir medo.
Partindo desas ideas, rematamos escribindo cadansúa historia de terror seguindo as indicacións de Andrea, e só quen non tivo medo de ler a súa, compartiuna co resto do público.
Unha actividade terrorificamente divertida!