Zapatiños de cartón e a carta dos bosques…na BPM do Saviñao
Día 25 de outubro de 2023 ás 10:30, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Zapatiños de cartón e a carta dos bosques
da man de Anxo Moure
o 25 de outubro, ás 10:30
Recibimos a un xacio moi especial, grazas ó cal soubemos que hai distintos tipos de embarcacións no noso río Miño (batuxo, barca da pousa, barca dos dornos e gamela)…

…tamén como se chaman os seres míticos que habitan as augas dos ríos en distintos sitios da península (xanas, donas d’aigua, lamias)…

…caemos ó chan da impresión dalgunhas cousas que nos contou…

…e rimos moito, moito…pero sobre todo, pasámolo xenial coas historias de amor á natureza, non só ós bosques, senón tamén ós animais e os seres míticos que nos ensinan a querela moito máis.

Non imos negar que o que máis nos gustou foi subir ós barquiños que nos trouxo para que navegara a nosa imaxinación!




