15/05/2024
Na tarde do martes 14 de maio de 2024, na Biblioteca José Saramago do CSC de Vite, dez nenos e nenas axudaron a Antonio Manuel Fraga Allegue a atrapar ao monstro Negra Sombra. Este levaba moito tempo atemorizando a Rosalía de Castro, que estaba farta da situación. A cativada asinou un contrato para ser investigadoras da Axencia Cazadora de Monstros e Espectros e, entón, comezou a aventura narrada de dar con este monstro que estaba agochado na Casa da Matanza da poeta galega. Os seus versos estiveron moi presentes. Así, estes empregáronse para nomear os equipos establecidos (como “Adiós ríos, adiós fontes”) ou para servir de pistas no xogo (como o caldo da “Miña casiña, meu lar” que sixilosamente comía unha das personaxes sospeitosas). As crianzas seguiron moi atentas e moi participativas o misterio de Negra Sombra e, unha vez atrapada, fixeron un debuxo para representala e levala de recordo. Foi unha actividade moi divertida e interesante, repleta de intrigas!


Séguenos