Diversión e música con Trémola e Leo na biblioteca da Estrada
O pasado venres, 14 de xuño, Trémola Teatro visitou a Biblioteca Municipal da Estrada co seu espectáculo Leo e a música, un espectáculo dirixido a bebés.
Case trinta cativos e as súas familias se reuniron na sala de actividades da biblioteca estradense para desfrutar dun espectáculo no que Paula e Leo coñecían a diversos animais, cantaban e bailaban, ante a atenta mirada e a ilusión dos pequenos e pequenas, que tamén tiveron a oportunidade de participar no espectáculo.







