Laboratorio de Personaxes

O dí a 7 de agosto de 2024 tivemos na bibioteca municipal de Arbo “Segundo Gil Dávila” a visita da compañía creativa Un mar de Cores, co obradoiro de ilustracións creativas “Laboratorio de personaxes. As historias mellor contadas son as nosas”. Este interesante obradoiro consistiu en mostrar aos cativos e cativas de Arbo a importancia da creatividade, así como a importancia de saber compartir, xa que os cativos e cativas tiveron a oportunidade de debuxar os seus propios contos con personaxes creados por eles mesmos de xeito comunitario, de maneira que cada neno e nena ía debuxando unha parte do mesmo, e ninguén tiña o conto en propieade, fomentando e pondo en valor o respeito polos obxetos comunitarios. Tamén lles foron contadas diversas historias de personaxes moi coñecidos pero cun toque personal e diferenciador co fin de manter a atención e facer reflexionar aos nenos e nenas. As temáticas da emigración galega na américa e a ecoloxía foron transversais no decorrer da actividade. Nesta actividade participaron 22 nenos de entre 9 e 12 anos e 3 adultos.

































Séguenos