Soraya Lema visita a B.P.M. Ánxel Fole de Nós – Oleiros
O venres 27 de setembro veunos visitar Soraya Lema á B.P.M. Ánxel Fole de Nós, coa que desfrutamos os contos de AITANA E AVOA, E OUTROS CONTOS VIOLETAS, contos cheos de amizade, empatía e igualdade.

Foi unha sesión moi participativa na que os nenos e nenas asistentes axudaron encantados a Soraya na narración dos contos que ela agradeceu aprendéndolles unha canción coa que encheron a biblioteca de música e ledicia.





