Conto Xogo en Trazo
Onte tivemos unha mañá chea de contos e xogos do máis divertidos con Eduvía, no que @s nen@s aprenderon que non hai contos nin xogos de ningún xénero.
Onte tivemos unha mañá chea de contos e xogos do máis divertidos con Eduvía, no que @s nen@s aprenderon que non hai contos nin xogos de ningún xénero.
O 5 de setembro na Biblioteca de San Cibrao das Viñas pasamos unha tarde moi divertida, na que os nenos e nenas que asistiron divididos en catro equipos, tiveron que resolver diferentes enigmas e superar diferentes probas para finalmente resolver todos os misterios da biblioteca.


O pasado venres desfrutamos dun bonito espectáculo da man de Manuel, contos maxia, sorrisos e moitas sorpresas .
Ao remate, cociñamos entre todos e todas un pastel de forma máxica que podeimos saborear.
A través dos contos, da maxia e dos xogos poñemos énfase na toma de conciencia de que todxs somos iguais, temos os mesmos dereitos e deberes.
Unha pequena representación dos usuarios e usuarias do Centro de Día achegáronse ata a biblioteca compartindo un bonito momento coa rapazada.
Que ben o pasamos!!!

Aínda que parecía que a choiva non ía deixar que a xente e a xuventude se animasen a desfrutar do espectáculo, este resultou ser todo un éxito. A capacidade que tiveron Os Jalochos para motivar e facer pasar un bo rato, non só á cativada, senón tamén ás persoas máis maiores foi digno de ver. Grazas ao seu conto musicado conseguiron unha gran participación activa do público, dando pé ao baile, á percusión corporal, ao xogo e, incluso, á iniciación na lingua de signos.
Actividade no Ximnasio Ceip SAn Cosme ( 12:00 h )
” Radio Bule Bule con Paco Nogueiras “
Día 30 de agosto. En Taboada encantados coa representación da conta contos Ana Meilán ” Un universo na túa maleta “.
Masiva afluencia de espectadores. Espectáculo moi ameno e divertido, cunha gran ensinanza.


O pasado venres, día 30 de agosto, tivemos unha visita máxica na biblioteca. Os cativos pasárono moi ben cos trucos e contos do Mago Paco e, algúns personaxes, como o Capitán Calabrote e unha serpe moi particular que aparecía e desaparecía sempre que lle daba a gana. Quedaron abraiados co truco das madalenas e, tamén, porque despois o mago vendeu cada unha a 5 euros. Isto é un escándalo!!!
En resumo, o Mago Paco sabe conquistar aos máis pequenos e aprecianse as súas táboas no escenario.

Paco Nogueiras estivo o sábado 31 de agosto nos alrededores da biblioteca de Covelo coa sintonía desta peculiar emisora que fixo que pasaramos unha boa e marchosa tarde.


Séguenos