Obradoiro de cómic e banda deseñada na Biblioteca Municipal do Milladoiro
O pasado venres 27 de setembro os 21 rapaces que se inscribiron neste obradoiro
con Santy Gutiérrez debuxaron a súa propia páxina de banda deseñada aprendendo no proceso os recursos propios da linguaxe do cómic: dende o guión ao debuxo, onomatopeias, liñas cinéticas, planos e encadres, deseño de personaxes, estilos, etc. E todo isto nunha hora chea de diversión!




