14/05/2025



No marco do programa “Tecendo Recordos, Transformando Vivencias”, desenvolvemos o obradoiro de Bonecos do Faiado de Nin, unha actividade que convidou a mergullarse na memoria, na creatividade e na expresión persoal a través da arte dos bonecos.
Este obradoiro creou un espazo simbólico onde a memoria cobrou vida a través de pequenas figuras cheas de significado. Ao longo da sesión, as participantes crearon os seus propios bonecos, partindo de tecidos, materiais reciclados e elementos simbólicos, para dar forma a personaxes que representen anacos da súa historia, das súas emocións ou dos seus soños.
Séguenos