Contacontos “A viaxe de Piruleta” con Ariadna Santana
O día 23.07.2025 na Biblioteca municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar este contacontos con teatro, cancións e maxia, e no que a través da súa viaxe, a protagonista aprende que a verdadeira felicidade vén de equilibrar os desexos persoais co benestar común e valorar a igualdade e o respeto entre todos.
A actuación comezou ás 11.30 h e rematou ás 12.20 h e acudiron un total de 56 nenos e nenas de tres a doce anos de idade, máis 9 adultos entre monitores, pais e nais que disfrutaron con entusiasmo participando na actuación.



























Séguenos