Bicos con leite na B. P. M. de Vilagarcía de Arousa
A actividade realizouse o 27 de abril ás 11.30 horas. Enmarcada dentro do programa “Sábados de biblioteca” e dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos e aos pais e nais que os acompañaban. Charo Pita contou diversos contos amenizados con cancións e sempre coa presenza dos libros das historias que relataba.





