“O principiño en Madagascar” na B.P.M de Antas de Ulla
A actividade desenrolouse ante 72 nenos de 4 a 12 anos e tivo lugar no salón de actos da casa da cultura que está o lado da nosa biblioteca.
A contacontos ía narrando unha historia á vez que ía amosando imaxes de Madagascar, e deste modo trasmitir tamén a idea do principiño de crear ilusións.
Foi unha nova maneira de presentar ós nenos e nenas unha cultura diferente e de despertar sentimentos de ilusión e soños de esperanzas.
A actriz narrou a historia caracterizada do principiño polo que era, o que contaba, o referente a Madagascar e como ían buscar o libro, que logo resultou que encontraron ilusións coma na famosa obra Francesa.





