Reciclando as malas novas sobre a violencia de xénero na Biblioteca Municipal de A Fonsagrada

Carballo con Botas visitou a Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada coa súa Fábrica dos corazóns de papel reciclado. Grazas a ela convertemos malas novas sobre a violencia de xénero en corazóns de loita e esperanza.
As persoíñas e persoas participantes uníronse con el nun berro de ilusión pola igualdade de xéneros e contra a violencia machista!






