B. P. M. “VIDAL PAZOS” MARÍN “GARAVANCIÑA E O ESQUÍO”
Representación do conto “Garavanciña e o esquío” con monicreques e busca de recursos sonoros para musicar o conto. Crearanse os sons con voces, con obxectos naturais e obxectos da vida cotiá: auga, xornais… e formarase unha orquestra grupal con instrumentos para acompañar as cancións do conto.





