“CON AREA COUSASDEBUXO” NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA DE PERILLO (OLEIROS)



A maxia visual chegou á Biblioteca Rialeda. Marcos provocou a sorpresa dos asistentes elaborando figuras e paisaxes con area, proxectada, despois, na pantalla. O debuxo guiou a narrativa, acompañada con voz e cun fondo musical e cromático axeitado a cada conto. 






