As cousas pequenas contan
O pasado venres tivo lugar na Biblioteca Municipal de Ponteareas o obradoiro titulado: “As cousas pequenas contan” no que os cativos/as puideron desenvolver a súa creatividade. Ademais tamén potenciou este obradoiro a súa afición a lectura, por medios audiovisuais. Por outra banda a pesares de que este obradoiro durou cerca de hora e media, o público infantil aguantou ata o final.
A enquisa que se fixo demostrou un grado de satisfacción alto por este obradoiro de Xulio Varela.






