Biotecnólogos resolven un crime na Biblioteca Pública de Narón
O sábado 7 de outubro recibimos a Manuel Vicente na Biblitoeca de Narón. Da súa man aprendemos unha morea de cousas: o que teñen en común os/as científicos/as e os escritores/as de novelas detectivescas, o que hai que saber para ser un bo ou boa investigador/a, a separar o ADN dun ser vivo, a estar atentos/as a todos os detalles do escenario dun crime e… a que tras a cara de boa dalgunha bibliotecaria pode agocharse unha despiadada asasina 🤦





