Contacontos na Biblioteca de Cela en Bueu
Un outubro de contos comezou na Biblioteca de Cela co espectáculo Animaladas do grupo Teatro Calavera. A rapazada e non tan rapazada que se achegou á biblioteca puido viaxar pola selva de Bueu xogando e aprendendo de distintos animais: caracois, lebres, tigres, ratos, leóns, elefantes… Fomentando a amizade, o xogo e a aprendizaxe. Pasamos unha tarde moi divertida.








