‘1 Mar de Cores’ levou o monte á Biblioteca Municipal Os Templarios (Cambre)

Este martes 14, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O temple – Cambre) acolleu, ‘No monte’, un interesante obradoiro sensorial que conecta a aprendizaxe coa experiencia directa, poñendo en valor a nosa relación co medio natural.

A actividade, da man de ‘1 Mar de Cores’, xuntaba a narración oral e marionetas coa propia experiencia lúdico sensorial, convidando ás familias a tocar, ver, ulir, e sentir, creando un espazo vinculante para nenos, nais e pais.





