Co espectáculo de artes escénicas “VIAXA COS LIBROS” iniciamos as conmemoracións do DÍA DAS LETRAS GALEGAS en BiblioPazos
O pasado Venres 22 de Maio de 2026 ás 13:00 horas tivemos con nós no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén o espectáculo de artes escénicas “VIAXA COS LIBROS” co que iniciamos as conmemoracións do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Esta actividade está incluída no Programa de Animación á Lectura e de Dinamización da Lingua Galega de 2026 da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos en colaboración co programa LER CONTA MOITO da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventuda da Xunta de Galicia.
A compañía Expresión Produccións tróuxonos “VIAXA COS LIBROS”, un espectáculo cheo de ilusión que combinou teatro, contacontos, monicreques, cancións e maxia; moi interactivo, dinámico e divertido no que os asistentes gozaron moitísimo durante toda a representación na que noubo momias, trasnos, dragóns e moitas cousas máis.
Asistiron a este evento todo o alumnado de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e o os usuarios da Asociación Aspavi.








