18/05/2016

Na tarde do luns 16 de maio de 2016, no Concello da Baña pasamos unha tarde gastronómica entre cultura. Degustamos café, batido e cacao coas letras de Manuel María, onde os/as participantes fomos lendo os seus poemas acompañados dun doce e dos debuxos que fixeron os/as máis pequenos/as.
Achegámonos algo máis ao autor homenaxeado e alimentamos a imaxinación e a barriga nunha tarde agradable de sol e de boa compañía.
E como toda merenda pide pan, decantámonos por unha deliciosa Merenda con pan de millo que nos prepararon os de MIGALLAS TEATRO. Foi un excelente fin de tarde co teatro, cantando e prestando atención ás interesantes historias que nos contaron nas que aprendemos a respectar máis aos nosos maiores (os avós e as avoas), os xogos en equipo, os hábitos saudables e a marabillosa cultura tradicional .
Familias e pequenos/as cantamos en directo coa banda de pulgas que interpretaba miles de instrumentos. A imaxinación e o ritmo voaban como voou o tempo durante esta tarde na Baña.
Séguenos