TOUPICIENCIA EN CORISTANCO
O espectáculo “Toupiciencia Show” da Xanela do Maxín desenvolviuse durante aproximadamente 40 minutos nos que Toupiña e o seu inseparable axudante Protonio achegaron ao público un divertido e educativo percorrido polo mundo da ciencia a través de experimentos dinámicos, xogos e demostracións interactivas.

A actividade, desenvolvida integramente en galego, puxo en valor a lingua como vehículo para o coñecemento científico e fomentou a curiosidade, o pensamento crítico e o gusto por aprender investigando. O evento contou cunha excelente acollida por parte das familias, que encheron o espazo da biblioteca nun ambiente de entusiasmo e participación activa.

























Séguenos