DIFERENTES DIFERENZAS na B.P.M. Mª José Trincado de Mera ( Oleiros)
Este venres, 23 de setembro puidemos desfrutar dunha sesíón de contacontos mistura de música, texto e linguaxe de signos a cargo da cantautora Silvia Penide e o seu libro Diferentes Diferenzas. Un espectáculo orixinal que nos permitiu reflexionar sobre a importancia de apreciar e respectar aquilo que é distinto dos demais.




Pasamos unha tarde magnífica co repertorio musical de Pakolas.
O venres, 25 de setembro, Charo Pita agasallounos con historias sobre mulleres aventureiras reais e ficticias, aderezadas con algunha canción.
O venres , 18 de setembro iniciamos a hora do conto na biblioteca de Mera ( Oleiros) coa visita de María dos Contos e o Señor Dorremi, fixéronnos gozar dos contos tradicionais e dos de creación propia, enfeitados, con música , cancións e sons.







Séguenos