A galiña dos ovos de conto na B.P.M. “Mª José Trincado” de Mera (Oleiros)
O venres, 6 de outubro, recibimos a visita da galiña Rosiña na biblioteca de Mera.
A galiña Rosiña é moi especial porque pon ovos de personaxes de conto. As nenas e os nenos foron sacando do curral os ovos protagonistas as veces de contos tradicionais e outras de contos por inventar e, entre todos, fomos tecendo historias
Na segunda parte da actividade os cativos elaboraron os seus propios ovos de conto cunha plastilina que fixeron eles mesmos con fariña e colorante alimentario.
Pasámolo fenomenal !!!
Séguenos