13/09/2019
O xoves, 12 de setembro, tivo lugar na biblioteca de Mera o espectáculo “Elas pintan moito” a cargo de Migallas Teatro.
Foi unha sesión de contos baseada na obra das pintoras Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas abordouse a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.
O público quedou encantado coa excelente interpretación de María dos contos e o señor Dorremí que nos achegaron dun xeito moi divertido as principais obras e facetas da vida persoal destas pintoras.

Séguenos