A ÓPTICA DAS ILUSIÓNS na B.P.M. Ánxel Fole de NÓS (Oleiros)

O venres 23 de setembro visitou a nosa biblioteca o mago David Méndez, quen, durante case unha hora, acaparou a atención de todas e todos os asistentes cos seus trucos de maxia e explicacións sobre ilusións ópticas. Cousas que parece que están, pero realmente non son o que parecen, partes do corpo que se multiplican ou desaparecen, obxectos diferentes que visualizamos nunha única ilustración…Nenas e nenos aprenderon que non todo é sempre o que parece.

Foi unha sesión moi interesante e, sobre todo, moi entretida.















O venres 25 de setembro puidemos disfrutar na biblioteca de Nós da compañía do autor e ilustrador Anxo Fariña que nos contou a historia de Dulcinea e foi quen de transformar as nenas e nenos asistentes en serea, unicornio, lobishome … sempre sobre o papel, claro, retratos que despois levaron ás súas casas.






Séguenos