O Mago Marco na Biblioteca de Santa Cruz (Oleiros) o 8 de outubro
O mércores 8 de outubro, ás 18:30 hs, na biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz, estaba todo preparado para recibir ao Mago Marco quen orquestou unha posta en escena chea de luces e sons.
Se a isto lle engadimos a súa simpatía e complicidade co público o éxito estaba asegurado.
Pero é que ademáis, deixou, tanto á rapazada como a pais e nais, totalmente abraiados-as cos seus trucos de maxia. Aros que cambian de cores, embudes que botan auga non se sabe de onde, papeis esgazados que se converten en sombreiros e moitos máis xogos nos que puido participar moita xente do público.










O mércores, 25 de setembro asistimos ao espectáculo de maxia co que nos deleitou o Mago Teto, un espectáculo axeitado para as idades dos/as nenos/as que nos acompañaron.










Séguenos