05/09/2013
O próximo sábado día 7 de setembro a partir das 17,00 horas (5 da tarde), no Auditorio do Concello, teremos unha actuación especial de narración oral coa actriz, contacontos, dramaturga e fotógrafa SOLEDAD FELLOZA que nos traerá o espectáculo “Sole Felloza conta todo o que le”.

A través dos seus contos Sole Felloza deleitará a todo o público asistente, nenos e maiores, coas súas historias facendo que viaxen a lugares incríbles, captando a atención do público co seu dominio escénico, facendo voar coa imaxinación.

Sole Felloza conta todo o que le. E canto le! Todo o que recolle polo mundo adiante, alí donde vai ela a contar de recorso só trae libros para a súa biblioteca que xa é mais grande que a casa enteira.

A cara de pracer, a emoción e a alegría dos nenos que identifican unha historia da súa terra ou da terra dos seus pais, mestúrase coa sorpresa e o bo recibimiento do resto dos nenos que descobren a través de contos, o ancho, diverso e rico que é o mundo.

Como pasaporte usamos a imaxinación, de billete levamos unhas palabras máxicas nacidas na selva e de equipaxe calquera cousa que caiba na nosa memoria e no noso corazón.

Un espectáculo para todos os públicos que non deixará a ninguén indiferente
Séguenos