Alba Bermúdez de Triatreros Grupo Teatro e os “Comechíns” en BiblioPazos
Seguindo coa celebración do mes do libro o pasado venres día 10 de abril contamos na Sala de Lectura de BiblioPazos coa presenza de Alba Bermúdez de Triatreros Grupo Teatro que nos deleitou a todos cos seus contos e historias relacionadas cos alimentos.
Alba mergullounos nun mundo de fantasía no que os animais, a verdura, a froita e as legumes foron as protagonistas.
Durante case unha hora os nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos pasaron un estupendo rato e coñeceron os inconvintes relacionados cos alimentos.
De seguido unha proba do ben que o pasamos con Alba.





























































Séguenos