Charo Pita pregunta Quen quere viaxar comigo?
O 18 de maio chegou á biblioteca Ánxel Casal Charo Pita cargada cunha maleta chea de imaxinación e de historias para contar aos nosos pequenos e pequenas oíntes.
O 18 de maio chegou á biblioteca Ánxel Casal Charo Pita cargada cunha maleta chea de imaxinación e de historias para contar aos nosos pequenos e pequenas oíntes.
O día 16 de maio Eduvia coas 6 caras das Letras Galegas. Roberto Vidal Bolaño xoga por equipos a preguntas e respostas cos nosos nenos e nenas conseguindo pasar un anaco ben divertido para celebrar este día tan importante.
Mau. Asociación lareira global falaron aos nosos pequenos e pequenas do medio e coñecemento das nosas fragas e fauna.
Sole encheu de historias fantásticas a nosa biblioteca coas que fixo soñar e divertirse aos máis pequenos e non tan pequenos.
Co obradoiro Arte nos libros! Con Mitoloxía de Crearte os nenos e nenas desfrutaron coas imaxes, lecturas e actividades nun día tan especial para nós.
Fátima Fernández o 20 de abril cos seus contos de animais respondeu e resolveu todas as dúbidas dos nenos e nenas que alí estiveron.
O 13 de abril todos os nenos e nenas disfrutaron cos contos marabillosos que Marisia Irimia recolleu de akí e de akolá.
O 6 de abril visitounos Cucarandainas para xogar ao vexo, vexo na biblioteca Ánxel Casal, a través dunha frase popular os nenos e nenas chegaron a un conto onde apareceron moitos e diferentes animais.
Séguenos