O MISTERIO DO PIRATA BENITO SOTO CHEGA Á BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL POLO CORREO DO VENTO
Polo Correo do Vento chegounos o misterio do Pirata Benito Soto.


Polo Correo do Vento chegounos o misterio do Pirata Benito Soto.
Marisa Irmia tróuxonos á biblioteca os seus contos de marmeleiro, anís e limón. Contos que se contaban noutras épocas e noutros lugares para que aprendamos algo máis do mundo.
Contos onde os nenos tamén choran e onde as nenas xa non queren ser princesas.
Se queredes ver o relativo a esto evento en Facebook, clicade aquí
Olga e Carmela, de ETNOGA, prepararon un percorrido pola biblioteca emulando un paseo por Santiago…
…. e con Rosalía en escea, comeza o xogo!
Repasamos a historia de Compostela e lemos poemas das nosas autoras favoritas: ademáis de Rosalía, lemos a Ana María Fernández, Dora Vázquez, María Victoria Moreno, Pura Vázquez e Gloria Sánchez García.
Rematamos outra vez no centro da sala, sentados nunha roda para non esquecer o noso paseo pola biblioteca
Solidaridade Internacional de Galicia tróuxonos unha nova proposta da colección CONTOS DO MUNDO: UNHA VIAXE POLO MUNDO A TRAVÉS DOS CONTOS, á Biblioteca Ánxel Casal.
Este ano tocoulles América Central.
Cunha chea de imáxenes e outros obxectos, para achegar a todos os nenos e nenas a cultura de Guatemala, ou de Senegal e mesmo Palestina
O pasado 3 de maio, a Biblioteca Ánxel Casal trasladou a súa Choiva de Contos ao recinto da Feira do Libro de Santiago de Compostela, invitando a Carmen Domech a facer o seu contacontos, PASTOREANDO ALEGRÍAS.
Carmen contou catro historias. Na primeira, unha lebre, unha cabra e outros animais eran os protagonistas dunha nova versión do Coellinho branco.
Na segunda, a contadora foi describindo a través dun gran libro de trapo as diferentes ubicacións do pelo no corpo humano. As rimas e as divertidas ilustracións fixeron que o público morrera da risa.
Na terceira historia, a contacontos levaba un Libro-rolo de tea, e mentres ía contando, ía tirando do rolo onde diferentes esceas ilustradas mostraban o conto.
E na cuarta historia, valeuse dun panel vertical, tamén de tea, onde aparecían os distintos animais do conto popular “Unha vella tiña un can”.
As nenas e nenos estiveron moi atentos e pediron moitos máis contos. Para ver esta actividade no Facebook da biblioteca preme aquí.
O sábado 12 de abril Xanela Ocio visitou a Biblioteca Ánxel Casal e isto foi o que nos trouxo:
Contos en galego adaptados ao revés. Nos contos de Xanela Ocio, as bruxas son boas e os príncipes feos.
Traballamos a igualdade e o respecto polos demais e polo medio que nos rodea de xeito ameno, divertido e educativo.
Consultar o enlace ao evento no Facebook da biblioteca
Espectáculo de narración oral no que O Duende Dada deléitanos cun repertorio de contos marabillosos nos que están presentes valores moi importantes: Convivencia, Traballo en equipo, Igualdade, Medio ambiente
Tamén nos descobre o lugar onde podemos encontrar todas esas historias, por iso nos fala dos libros, a lectura, as bibliotecas, como a nosa.
Moitos nenos participan con Dada neste Contacontos máxico. Unha forma moi divertida de fomentar a lectura entre os máis pequenos.
Consultar o enlace ao evento no Facebook da Biblioteca
O sábado 22 de marzo tivemos a Larraitz Urruzola na Biblioteca Ánxel Casal, coas historias de Babamor e todas as súas familias cheas de amor.
En Babamor hai familias grandes e pequenas, familias envoltas en toneladas de cariño. Ollos que miran a outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas.
Espectáculo de narración oral tradicional no que a titiriteira Larraitz xoga con atmósferas e situacións que xurden da transformación de obxectos e espazos do mundo dos contos.
Moi importante a presenza dos contos en todo o espectáculo e a insistencia da narradora na lectura como fonte de inspiración e forza para a nosas vidas.
Séguenos