Magos por un día en Culleredo

Mago por un día
O mércores 7 de xullo, na Biblioteca de O Burgo, rapaces de Culleredo participaron nunha actividade que xuntou diversión e coñecemento, valores, curiosidade e ilusionismo, foron magos por un día 

Mago por un día
O mércores 7 de xullo, na Biblioteca de O Burgo, rapaces de Culleredo participaron nunha actividade que xuntou diversión e coñecemento, valores, curiosidade e ilusionismo, foron magos por un día 
O pasado venres 2 de outubro, dous monitores de Átomos, presentaron aos nenos/as unha serie de materiais que se poden facer con impresoras 3D. De feito, levaron unha para que viran cómo se traballaba con ela. Despois peza a peza, cada neno foi montando o seu robot. E todos sairon moi contentos coa súa peza feita.


Os participantes fixeron dous equipos. Cada un tiña unha caixa chea de enigmas que resolver, mensaxes que descifrar, pistas que seguir, etc. para encontrar a contrasinal que introduxeran no ordenador para destruir o asteroide que impactaría contra a terra.

O venres 25 tivemos na nosa biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, un escape room para achegar ás claves que destruiran ao meteorito antes de que chegara á terra. Foi un xogo de buscar pistas, facer cálculos, ler en morse… pasáronlo de medo.

O venres 18, tivemos un obradoiro de robótica na nosa biblioteca. Ainda que só asistiron 8 rapaces, polas restricións sanitaria, foi moi demandado.Viron como se utilizaba unha impresora 3D, e coas pautas que foi dando Pablo, conseguiron montar cada neno/a un robot. Foron todos contentos para súa casa.

A sesión consistiu nun encadeamento de distintos contos clásicos. Comezou co “Brancaneves”, seguiu co “A casiña de chocolate”, “Os tres porquiños” e rematou co “Carapuchiña vermella”. A posta en escea e interpretación a cargo de Elefante elegante, foi fantástica para nenos e maiores.


O venres 20, visitounos o carteiro de augasclaras. Trouxo cartas para nenos que asistían ao contacontos que enviaban personaxes de diferentes contos : Rosa caramelo, Artur e Clementina e María. Aos nenos gustoulles moito os escenarios montados para os distintos contos.


O Dr. Tilla contoulle aos nenos o conto de Laura que quería ser pirata, para explicarlles como acabar coa enfermidade do machismo. Os pais, nais e rapazada interactuaron e riron moito cao posta en escea que fixo Caxoto.

Onte tivemos a Olga Abad que contou aos peques o conto “O libro esquecido” con teatro de sombras, e cancións.

O día 10 de setembro, estivo na nosa Biblioteca Marisa Irimia co seu conto “A pirata Escarlata”. Contounos un montón de aventuras desta nena aventureira e os perigos que pode encontrar na busca do tesouro, para amosarnos, que o xénero tanto da. E aprendimos a canción do tiburón .



Séguenos