Corazóns de papel reciclado en Culleredo
Divertido e emotivo: as malas novas sobre a violencia de xénero se transforman en corazóns de papel reciclado feito no obradoiro polos nenos e nenas.
Divertido e emotivo: as malas novas sobre a violencia de xénero se transforman en corazóns de papel reciclado feito no obradoiro polos nenos e nenas.
O día 17 de xullo realizouse este obradoiro na nosa biblioteca de Culleredo. Provocou moito interés entre a rapazada, co aforo completo. Fixeron os seus primeiros experimentos científicos, xogando coa luz ultravioleta, co equilibrio e a gravidade. Moi interesante para fomentar a creatividade.
Miguel introduciu o obradoiro cunha explicación da etimoloxía da palabra papiroflexia. Despois os nenos/as empezaron a facer as figuras de papel (caixas, paxaros e ra) seguindo os pasos que Miguel lles marcaba.
O mércores 3 de xullo, comezamos cos obradoiros do verán na Biblioteca. Este día foi de globoflexia. Da man de Ian & Elisa, os nenos aprenderon a facer distintas figuras inspirados polos contos : cans, coroas, espadas…
O venres 19, para anticiparnos á celebración do día das Bibliotecas, tivemos na nosa Biblioteca Xosé Cardeso Liñares, a actuación do mago Pedro Bugarín. O salón de actos estivo completamente cheo. Espectáculo de maxia maravilloso, por un lado clásico e por outro innovador, con música e referencias á literatura e ao cine, por exemplo Titanic. Tanto nenos como adultos saíron encantados, moitos pequenos con gañas de ser magos de maiores.
O día 10 de outubro tivemos un contacontos para bebés, a cargo de Charo Pita. Coa música, cancións e instrumentos, foi contando e cantando contos para os máis pequenos, cos que desfrutaron tamén os maiores.
O venres 5 de outubro, a Biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, tivo nas súas instalacións, por unhas horas un Museo Científico!!. Distribuidos en tres mesas, foron pasando por elas para poder desfrutar de máis de 20 obxetos para aprender e curiosear no mundo da ciencia.
O día 28 de setembro tivemos un contacontos na nosa biiblioteca de Culleredo, a cargo de Carmen Domech. Nel a señora Antonia, que dí é meiga, a través de cinco historias, nos achega ao mundo do terror, intriga e medo, pero con humor.
O día 18 de xullo tivemos unha actividade moi solidaria, a cargo de Pablo, para concenciar aos rapaces da importancia da recollida de tapóns, e o seu us0 lúdico, facendo formas e xogando as carreiras nun circuito feito todo con tapóns. Pasáronlo xenial!!
O mércores día 11 de xullo, fixemos un obradoiro para decorar mochilas ao cargo de “O faiado de Nin”. A actividade que durou 90 minutos estivo moi entretida e foi moi creativa por parte dos rapaces, coas pautas dadas pola monitora Patricia.
Séguenos