A biblioteca municipal de Culleredo, o día 22 de abril, na programación da Semana do libro contou coa actividade de Trinketrinke Teatro “Aventura na cociña”. Máis de 50 nenos, xunto cos seus pais e nais desfrutaron dunha actividade moi animada, dinámica e divertida.
Na biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, celebramos a Semana do libro cunha programación especial. Unha das actividades elexida foi un contacontos para bebés, Triquitraque-traquetriqui, a cargo de Charo Pita. A actividade durou 40 minutos, pero os bebés aguantaron perfectamente e aos pais e nais encantoulles. Charo, cantounos, contounos, rimounos e todos xuntos xogamos a cabalgar nun cabalo.
O día 15 de maio ás 18:30 horas o grupo EDUVIA, estivo xogando cos nenos/as a “As 6 caras das Letras Galegas”, ademáis de pasárselo ben, aprenderon moito sobre as Letras Galegas e Roberto Vidal Bolaño. Tamén conseguiron puntos e premios en forma de lacasitos. Os nenos/as saíron contentísimos.
A nosa biblioteca quería adicar unhas actividades especiais para conmemorar as Letras Galegas. Unha das actividade programadas ía destinada aos máis pequenos, bebés ata 3 anos, “Contos para bebés” a cargo de Pavís Pavós. A sesión estivo chea de preciosos contos, bonitas cancións e xogos didácticos.
Outra das actividades programadas para a Semana do Libro, foi “Obradoiro de manga” a cargo de Gochi, un gran debuxante.
Este encontro tivo lugar o 25 de abril ás 18:30 horas. Dirixido a nenos a partir de 9 anos. Saíron todos encantados con o que aprenderon e debuxaron.
Continuando coas actividades con motivo do día do libro, o día 24 tocoulle o turno á ciencia con “A ciencia é divertida” a cargo de Nita. Foron dúas as sesións que realizou Nita, unha ás 18:00 horas para nenos ata 3 anos, e outra ás 19:00 horas para nenos a partir de 3 anos. Nita contaba un conto e despois facía unha serie de experimentos científicos relacionados co conto. Foi un gran éxito e unha actividade moi novidosa, que gustou tanto aos pais/nais como aos nenos/as.
A biblioteca municipal de Culleredo quere sempre celebrar o día do libro realizando durante unha semana diversas actividades para nenos e adultos. Este ano comenzou o luns día 22 de abril con “Mira como cho conto” a cargo de Xanela ocio. Contaron varios contos mentras ían debuxando os seus personaxes, paisaxes, etc. Os nenos tamén participaron debuxando.
Séguenos