Unha árbore ven a verte
Chegan a biblioteca 0s teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos…, para contar as suas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos…., para plantar unha árbore que conte contos, en defensa do futuro. Había unha barca máxica para ir ao bosque dos contos e con eles a pastora de nubes, o señor escocés, a monitora irlandesa, o lobo número 1 e número 2, a pastora das ovellas, unha barqueirinha, etc. Anxo ensinou aos nenos moitos contos, cancións e viaxes polo mundo das árbores. Foi un percorrido máxico pola natureza e os seres marabillosos que a habitan.



Cara a finais de curso académico, o pasado 19 de xuño e dentro do programa Ler conta moito, programouse desde a biblioteca pública municipal de O Valadouro o proxecto Bibliocanta.
Jorge, teclados, guitarra, coros, María, voz estiveron no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro para achegarnos música e cancións con cada letra do abecedario tantas aventuras como queiramos crear! Fadas, bruxas, xigantes, indios, piratas, unha elefanta rapeira ou unha mamá marciana acompañarannos nesta viaxe de Fantasía coas palabras. Unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida. Os nenos do CEIP interactuaron moito con Jorge e María, fixeron de fadas, do xigante elegante, ata se atreveron a improvisar un rap…Ao remate da actuación cantaron todos xuntos a canción da formiguiña, Jorge e María, despedironse cunha pechada ovación entre solicitudes de máis bises. Un público totalmente entregado e participativo que non esquecera a este dúo fácilmente.



No Kamishibai, teatro de papel en xaponés, os nenos fixeron ambientación do conto, poñían voces e facían o efecto do vento e do mar para narrar a aventura da pequena balea Nesi que se convertiu en nena e foi axudada por un simpático neno nunha fabulosa aventura.
Despois viñeron os emakis, vellos pergaminos que se proxecta cunha luz posterior e que nos contaron unha divertida historia de bichos de variadas cores
Moitas historias de Kamishibai que Juste relatou a través de fascinantes personaxes que quedaron moi vivos na imaxinación dos nenos e nenas do Valadouro. 









Séguenos